Eva Carreras deu un novo paso no duro camiño de acadar o éxito como cantante. ?Considero que aquí ya no puedo hacer más, que se acabó un ciclo?, explicou a viguesa cando foi expulsada de Operación triunfo o domingo pasado, día no que en OT cantaron en galego.
esús Vázquez comezou a noite prognosticando un duro e difícil programa tras unha semana repleta de polémica en torno a un dos principais protagonistas desta edición, Risto Mejide, membro do xurado. Eva confesou durante o chat posterior á gala da súa nominación, sentirse coma un ?bufón? polos comentarios de Mejide. Ao seu favor, Kike Santander, director da Academia, revelaba que OT non conseguía lanzar á galega ao pop pero que no seu estilo deslumbraba aos profesores.
Eva apostou polo seu estilo e na súa última actuación no concurso interpretou un tema en galego para atoparse, por fin, coa súa voz e vencer o medo escénico.
O tema Lela, de Miguel de Santiago e popularizado pola portuguesa Dulce Pontes, foi a canción coa que a galega destacou o domingo. Sen embargo, recibiu un insuficiente 46% dos votos do público.
No cásting, a Eva si lle funcionou cantar no idioma da súa terra. Elixírona a ela no medio dunha morea de voces que probaron sorte en Santiago. Durante as probas falou da súa nai e o xurado convidouna para facer un dúo coa filla. Xuntas entoaron un vello son popular galego que fixo saltar as bágoas a un dos xélidos membros do xurado, Noemí Galera.